Skip to main content
Uncategorized @gl

Dous novos gromos lastran a recuperación da quinta vaga

Por 20 Agosto, 2021Agosto 21st, 2021Sin comentarios

Dous novos gromos na provincia frearon a tendencia á recuperación desta quinta vaga. Malia que os casos descenden, volven facelo só grazas ás altas pero de forma moi lenta.

Así, hoxe hai 1.282 casos activos, 5 menos que onte, cunha rexistro de 97 novos positivos e 101 altas. Onte a baixada foi de 57 casos, con 60 novos enfermos e 117 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.056 casos rexistrados e 230 persoas falecidas, 13 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixa de novo. Hai 33 persoas ingresadas (2 menos) en catro hospitais. Na UCI do Hula hai 6 e nas diferentes plantas son 27 os enfermos (2 menos); 22 están no de Lugo (3 menos), 2 na Mariña (1 máis), 2 en Monforte e 1 no Polusa.

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta (que cambiará este sábado) está establecido en 3 niveis do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel medio: Cervo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba e As Pontes.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

La situación en Monforte preocupa xa que provocou un importante aumento de novos contaxios. Tamén continúa empeorando a situación en Rábade, onde os enfermos seguen sumando. Detectouse tamén un segundo gromo en Barreiros pero os casos aínda non sumaron todos na listaxe da xornada.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz segue con 10.
  • Barreiros reduce a 12 (1 menos).
  • Burela ten 20.
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz sobe a 21 casos, 2 máis.
  • Lourenzá leva quince días sen casos.
  • Mondoñedo sobe a 11 casos (1 máis).
  • O Valadouro cae por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo, con menos de dez.
  • Ourol xa está sen casos na última semana.
  • Ribadeo baixa 3 ata 38.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 52 casos, 11 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza mantén 10 casos.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa 1 ata 15.
  • Begonte sobe a 16 (3 máis).
  • Castro de Rei sobe 3 ata 22.
  • Cospeito baixa 3 ata 10.
  • Friol, sen casos nunha semana.
  • Guitiriz baixa 2 ata 16.
  • Meira, con menos de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei reduce 3 casos ata 18.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade, sobe 3 máis ata 19.
  • Vilalba rebaixa a 34, 3 menos.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos nunha semana.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela volve ter casos, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria baixa 4 casos ata 40 casos.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada queda xa por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla volve ter 10 casos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos na última semana.
  • Lugo, malia o gromo, reduce ata 408 casos, 18 menos.
  • Monterroso rebaixa a 11, 2 menos.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, sen casos na última semana.
  • Palas de Rei, sen casos na última semana.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos nunha semana.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos en quince días.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón reduce a 14 (3 menos).
  • Bóveda, sen novos casos en dúas semanas.
  • Carballedo, menos de 10 casos.
  • Chantada sobe a 31 (2 máis).
  • Folgoso do Courel, sen casos en quince días.
  • Monforte sobe 26 casos ata 93 casos.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada leva sen casos unha semana.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo non se poderá servir nos interiores dos locais de hostalaría e ocio nocturno.

Nas de nivel alto, o aforo será do 30% en interior e do 50% no exterior e o ocio nocturno interior permanecerá pechado e unicamente terán servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co 50% da capacidade máxima permitida.

No nivel medio a limitación no interior e na terraza será do 50%, e no ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.

Por último, no nivel medio-baixo a restrición no interior será de 50% e na terraza ao aire libre do 100%. No ocio nocturno será de 30% no interior e do 50% no exterior.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.