Skip to main content
Uncategorized @gl

Quedan once concellos en alerta dende hoxe

Por 21 Agosto, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

As altas volven dar un xiro en positivo aos datos da covid, que volven baixar significativamente malia o aumento de casos novos debido aos gromos activos en Monforte e Barreiros, principalmente.

Así, hoxe hai 1.235 casos activos, 47 menos que onte, cunha rexistro de 111 novos positivos e 157 altas. Onte a baixada foi de 5 casos, con 97 novos enfermos e 101 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.167 casos rexistrados e 231 persoas falecidas, 14 nesta quinta vaga. É un deceso máis que fai 24 horas e tratase dun home de 87 anos de Lugo.

A presión hospitalaria baixa de novo. Hai 31 persoas ingresadas (2 menos) en catro hospitais. Na UCI do Hula hai 6 e nas diferentes plantas son 25 os enfermos (2 menos); 20 están no de Lugo (2 menos), 2 na Mariña, 2 en Monforte e 1 no Polusa.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta (que cambiou hoxe) está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A situación en xeral tende á baixa en case todos os concellos, agás nos que hai gromos como Barreiros e Monforte. Destaca especialmente a baixada en Lugo capital mentres que a maior parte dos concellos que estaban limpos de covid volven ter algún caso, como lle sucedeu a O Corgo, Ribeira de Piquín, Bóveda ou O Incio. A Mariña acelera a súa recuperación.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz segue con 10.
  • Barreiros reduce a 11 (1 menos).
  • Burela ten 19 (1 menos).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz baixa a 20 casos, 1 menos.
  • Lourenzá volve ter casos pero por debaixo de 10.
  • Mondoñedo volve estar por debaixo de 10.
  • O Valadouro cae por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo, con menos de dez.
  • Ourol xa está sen casos na última semana.
  • Ribadeo baixa 2 ata 36.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 50 casos, 2 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 12 casos (2 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa 2 ata 13.
  • Begonte sobe a 17 (1 máis).
  • Castro de Rei sobe 3 ata 25.
  • Cospeito sobe 1 ata 11.
  • Friol, sen casos nunha semana.
  • Guitiriz segue en 16.
  • Meira, con menos de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei reduce 1 caso ata 17.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade reduce 1 ata 18.
  • Vilalba rebaixa a 27, 7 menos.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio volve ter algún caso.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela volve ter casos, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria sobe 1 caso ata 41.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada queda xa por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla sobe a 12 casos (2 máis).
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo, malia o gromo, reduce ata 360 casos, 48 menos.
  • Monterroso sobe a 12, 1 máis.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo volve ter algún caso.
  • Palas de Rei volve ter algún caso.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos nunha semana.
  • Ribeira de Piquín volve ter algún caso.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón cae por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda volve ter algún caso.
  • Carballedo leva xa unha semana sen casos.
  • Chantada reduce a 30 (1 menos).
  • Folgoso do Courel volve ter algún caso.
  • Monforte sobe 22 casos ata 115 casos debido ao gromo.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada leva sen casos unha semana.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.