Skip to main content
Uncategorized @gl

Os novos contaxios non baixan e impiden o descenso da curva

Por 22 Agosto, 2021Agosto 23rd, 2021Sin comentarios

Os novos contaxios continúan sendo moi altos e malia as altas, a curva da incidencia da covid na provincia non logran baixar de forma brusca.

Así, hoxe hai 1.232 casos activos, 3 menos que onte, cunha rexistro de 117 novos positivos e 119 altas. Onte a baixada foi de47 casos, con 111 novos enfermos e 157 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.283 casos rexistrados e 231 persoas falecidas, 14 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria tampouco cede aínda. Segue habendo, como onte, 31 persoas ingresadas en catro hospitais. Na UCI do Hula hai 5  (1 menos) e nas diferentes plantas son 26 os enfermos (1 máis); 19 están no de Lugo (1 menos), 3 na Mariña (1 máis), 3 en Monforte (1 máis) e 1 no Polusa.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A covid permanece estable este domingo con poucos movementos, agás o gromo de Monforte, que deixa un brusco aumento. Tamén hai un lixeiro incremento na Terra Chá, especialmente na Pastoriza.

A Mariña

  • A Pontenova, con menos de 10.
  • Alfoz xa está por debaixo de 10.
  • Barreiros segue con 11.
  • Burela baixa a 17 (2 menos).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz baixa a 17 casos, 3 menos.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo, con menos de dez.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 3 ata 33.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada, menos de 10 casos.
  • Viveiro, 48 casos, 2 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 19 casos (7 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes baixa 2 ata 11.
  • Begonte segue con 17.
  • Castro de Rei baixa 1 ata 24.
  • Cospeito sobe 1 ata 12.
  • Friol, sen casos nunha semana.
  • Guitiriz baixa a 12, 4 menos.
  • Meira, con menos de 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei reduce 1 caso ata 16.
  • Pol, menos de 10.
  • Rábade suma 1 ata 19.
  • Vilalba sobe a 28, 1 máis.
  • Xermade, sen casos novos na última semana.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria baixa 2 casos ata 39.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla queda en 12 casos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo reduce ata 354 casos, 6 menos.
  • Monterroso baixa a 11, 1 menos.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, menos de 10.
  • Pedrafita, con menos de 10 casos.
  • Portomarín, sen novos casos en quince días.
  • Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo volve ter algún caso.
  • Chantada sobe a 32 (2 máis).
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte sobe 36 casos ata 151 casos debido ao gromo.
  • O Saviñao, menos de 10 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada leva sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.