Skip to main content
Uncategorized @gl

O aumento de contaxios entre a mocidade provoca un novo crecemento da curva

Por 24 Agosto, 2021Sin comentarios

A covid dá un novo revés á curva e provoca un novo aumento de casos activos, debido principalmente aos distintos gromos que se detectaron en varios puntos da provincia, principalmente entre a mocidade aínda non vacinada ou co proceso non rematado, e tamén á caída de altas. A orixe dos gromos atopouse nas celebracións e festas que tiveron lugar durante as fins de semana festivas.

Así, hoxe hai 1.292 casos activos, 61 máis que onte, cun rexistro de 110 novos positivos e 50 altas. Onte a baixada foi 1 caso, con 78 novos enfermos e 79 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.473 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga, a última unha muller de 89 anos que faleceu no Hula.

A presión hospitalaria cae de forma significativa. Hai 29 persoas ingresadas en catro hospitais (6 mn+enos). Na UCI do Hula hai agora 3 (2 menos) e nas diferentes plantas son 26 os enfermos (4 menos); 19 están no de Lugo (2 máis), 3 na Mariña, 4 en Monforte (1 menos) e xa foi dado de alto o único paciente que había no Polusa.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: ningún.
  • En alerta alta: Rábade.
  • No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
  • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Continúan detectándose pequenos gromos entre a mocidade en distintos puntos da provincia que lastran o avance cara ao control do virus. Estos gromos detectáronse en lugares como Monforte (onde segue sumando positivos), A Pontenova, A Pastoriza, Castro de Rei ou Lugo.

A Mariña

  • A Pontenova sobe a 13 (3 máis).
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros segue con 11.
  • Burela baixa a 12 (7 menos).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz segue con 16 casos.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos na última semana.
  • Ourol, con menos de dez.
  • Ribadeo baixa 1 ata 33.
  • Riotorto, con menos de 10.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro, 35 casos, 3 menos.
  • Xove, menos de 10.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 30 casos (9 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte baixa a 16 (1 menos).
  • Castro de Rei suma 5 ata 39.
  • Cospeito xa está por debaixo de 10.
  • Friol, sen casos en quince días.
  • Guitiriz mantén 12.
  • Meira sobe ata 11 (1 máis).
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei sobe 1 caso ata 16.
  • Pol, sen casos na última semana.
  • Rábade baixa 1 ata 19.
  • Vilalba sobe a 26, 1 máis.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, con menos de 10.
  • O Páramo, sen casos novos na última semana.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria sobe 1 caso ata 39.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla sobe a 17, 6 máis.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín, sen casos en quince días.
  • Lugo sobe de novo ata 350 casos, 9 máis.
  • Monterroso continúa con 12.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, menos de 10.
  • Pedrafita leva unha semana sen casos.
  • Portomarín, sen novos casos en quince días.
  • Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, por debaixo de 10.
  • Chantada segue con 32.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte sobe 17 casos ata 181 casos.
  • O Saviñao sobe ata 11 casos.
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga, menos de 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada volve ter algún caso.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.