Skip to main content
Uncategorized @gl

Primeiro descenso de casos activos trala aparición dos gromos

Por 30 Agosto, 2021Agosto 31st, 2021Sin comentarios

Tras varios xornadas en crecemento, a covid recupera a tendencia á baixa. Así, hai 1.457 casos activos, 5 menos que onte, cun rexistro de 71 novos positivos e 73 altas. Onte a subida foi de 25 casos, con 89 novos enfermos e 64 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.096 casos rexistrados e 232 persoas falecidas, 15 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria empeora un pouco. Hai 32 persoas ingresadas en tres hospitais (1 máis). Na UCI do Hula hai unha persoa máis ingresadas, 4 en total, e nas diferentes plantas son 28 os enfermos; 22 están no de Lugo, 3 na Mariña e 3 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

A situación mellora en concellos pequenos, onde empezan a certificar xa unha semana sen casos novos. Continúa a preocupación en concellos onde se detectan gromos pola velocidade de contaxio.

A Mariña

  • A Pontenova suma 1 máis e queda en 13.
  • Alfoz está por debaixo de 10.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela reduce ata 10 (2 menos).
  • Cervo, menos de 10 casos.
  • Foz baixa ata 18 (1 menos).
  • Lourenzá, volve ter algún caso.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo sobe 1 ata 24.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos na última semana.
  • Viveiro 14 casos, 1 máis.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza sobe a 41 (1 máis).
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte sobe a 17 (1 máis).
  • Castro de Rei suma 1 ata 53.
  • Cospeito segue con 19.
  • Friol continúa con 12.
  • Guitiriz, volve a ter 11 casos.
  • Meira segue con 10 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei reduce a 20 casos (1 menos).
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade volve subir, un caso, con 13 en total.
  • Vilalba baixa a 40, 2 menos.
  • Xermade, sen casos novos nunha semana.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria reduce 2 ata 25.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla chega a 10 casos.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla suma 3 máis ata 46.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo aumenta de novo en 4 os casos activos, 369.
  • Monterroso suma 3 máis ata 34.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe ata 27 con 3 casos máis.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón leva unha semana sen casos.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, unha semana sen casos.
  • Chantada baixa 1 ata 39.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 251, 8 máis.
  • O Saviñao sobe ata 29 (2 máis).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga segue con 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.