Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa o descenso de casos e contaxios e súmase un novo falecido

Por 31 Agosto, 2021Setembro 1st, 2021Sin comentarios

A covid continúa a tendencia á baixa. Así, hai 1.437 casos activos, 20 menos que onte, cun rexistro de 52 novos positivos e 70 altas. Onte a baixada foi de 5 casos, con 71 novos enfermos e 73 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.147 casos rexistrados e 233 persoas falecidas, 16 nesta quinta vaga, trala morte dun home de 92 anos no Hula.

A presión hospitalaria mantense igual. Hai 32 persoas ingresadas en tres hospitais. Na UCI do Hula seguen 4 ingresados, e nas diferentes plantas son 28 os enfermos; 22 están no de Lugo, 3 na Mariña e 3 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober.
    • No nivel medio: Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Tendencia xeral á baixa en todas as zonas. Destaca o crecemento de Viveiro (con 11 casos nun día) e Cospeito (con 4). Ralentízase o contaxio no resto de zonas con gromos.

A Mariña

  • A Pontenova segue con 13.
  • Alfoz xa leva unha semana sen casos.
  • Barreiros por debaixo de 10 casos.
  • Burela xa está por debaixo de 10.
  • Cervo xa leva sen positivos unha semana.
  • Foz sobe ata 19 (1 máis).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, por debaixo de 10.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos na última semana.
  • Ribadeo baixa 3 ata 21.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro 25 casos, suma 11 dende onte.
  • Xove, sen casos na última semana.

Terra Chá

  • A Pastoriza mantén 41.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes está por debaixo de 10.
  • Begonte baixa a 16 (1 menos).
  • Castro de Rei baixa 2 ata 51.
  • Cospeito segue sumando e chega a 23 (4 máis).
  • Friol continúa con 12.
  • Guitiriz segue con 11 casos.
  • Meira sobe a 11 casos.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei segue con 20.
  • Pol, por debaixo de 10.
  • Rábade reduce a 10 casos (3 menos).
  • Vilalba sobe a 45, 5 máis.
  • Xermade, sen casos novos nunha semana.

Comarca de Sarria

  • Láncara, por debaixo dos 10 casos.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela, por debaixo de 10.
  • Samos, menos de 10 casos.
  • Sarria segue con 25.
  • Triacastela, menos de 10 casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
  • Antas de Ulla sobe 1 ata 11.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 1 ata 45.
  • Baleira, sen casos novos na última semana.
  • Becerreá xa está por debaixo de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo aumenta de novo en 3 os casos activos, 372.
  • Monterroso suma 1 máis ata 35.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei, sobe ata 28 con 1 caso máis.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín leva unha semana sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón volve ter algún caso.
  • Bóveda, por debaixo de 10.
  • Carballedo, unha semana sen casos.
  • Chantada baixa 1 ata 38.
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte segue disparado. Son 254, 3 máis.
  • O Saviñao baixa ata 28 (1 menos).
  • Pantón, con menos de 10 casos.
  • Quiroga segue con 10 casos.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Sober, menos de 10 casos.
  • Taboada, por debaixo de 10.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.