Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAMondoñedo

Nova edición da Carreira Mondoñedo Monumental

Por 10 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Presentouse oficialmente a nova edición da Carreira Mondoñedo Monumental que se celebrará do sábado 25 de setembro e terá unha oferta deportiva para todas as idades e niveis.

Repartirase en cinco competicións ao longo da tarde desde 17.15 horas comezando cos 200 metros de Cativos mixto, os nados en 2014 e posteriores. Acto seguido, ás 17.20 horas, serán os 80o metros de Sub10 mixto, ás 17.30 horas os 1.600 metros do Sub12 mixto, ás 17.40 horas chegará a carreira de 2.400 metros de Sub14 e Sub16 mixto e xa por último será a Absoluta que constará de 5 km.

Para participar haberá que inscribirse na páxina www.ccnorte.com.

Haberá premios e trofeos para as diferentes categorías e coa inscrición a organización ofrecerá dorsal, chip, avituallamiento e camiseta conmemorativa.