Skip to main content
Lourenzá

A ITV agrícola estará en Lourenzá en outubro

Por 19 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Lourenzá no mes de outubro.

A unidade prestará servizo no mercado comarcal gandeiro o día 8 de outubro e do 13 ao 15, dende as 09.00 ás 13.30 horas e nde 15.15 a 18.00 horas.

Lembran que o día 8 tan só haberá servizo de mañá.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.