Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Amarelle e Copa Galicia, primeiro test para as Guerreiras Laranxas

Por 10 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

As Guerreiras Laranxas estrearán a emoción sobre o parqué este sábado fronte ao Viaxes Amarelle FSF, en cuartos de XV Copa Galicia (18.00 horas). O pavillón polideportivo Sagrada Familia abrirá a cita cun minuto de silencio polo falecemento do presidente e alma máter do equipo anfitrión, Severino Amarelle.

O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do conxunto herculino.

Neste primeiro termómetro da tempada, o Pescados Rubén Burela, na defensa do trono irmandiño, buscará a clasificación para semifinais. No caso de saír triunfal medirase ao gañador de Mosteiro Bembrive-Ourense Envialia (marcado para a mesma hora ca o duelo laranxa), coa ida prevista o 22 de decembro.

O Amarelle, que este ano volverá contar coa cesión burelista de Cris Lourés nas súas filas, chega á cita con dous enfrontamentos en pretempada, a derrota ante Poio Pescamar (2-0) e despois de superar a fase previa copeira con autoridade fronte 5Coruña FS (1-10), de Segunda.

Antes da estrea en liga do vindeiro 18 de setembro (Vista Alegre, Melilla), as pupilas de Lucas volverán ao parqué para visitar o Castro FSF (mércores 14, 20.30 horas).

Cilene e Jenny, na recta final de recuperación, non entrarán na lista de convocadas para mañá. Tampouco estará Irene Samper, tras sufrir unha luxación de ombreiro onte durante o adestramento.