Skip to main content
Axenda Caducada

O Komando Xoviético organiza unha nova BTT

Por 15 Setembro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

O Komando Xoviético convida a participar da súa marcha en BTT polos montes e paraxes do Concello de Xove, o vindeiro 24 de outubro.

Dende a organización aínda están preparando os detalles técnicos e de que “irán informando nestas semanas”.

Así mesmo, animan a ir pasar cos Xoviéticos un bo domingo de bici polo interior do Concello de Xove, o que dará a ocasión de ver recunchos interesantes pese a tala masiva do eucalipto, obxectan.