Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV móbil agrícola estará en Alfoz a finais de outubro

Por 20 Setembro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da ITV estará entre os días 25 e 28 de outubro en Alfoz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás os venres, que será só de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.