Skip to main content
Axenda Caducada

Continúan en Viveiro os Sábados de contos

Por 17 Setembro, 2021Setembro 18th, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro, a través de concellería de Cultura, continúa este sábado cunha nova edición de Sábado de contos, coa financiación do Programa Ler Conta Moito 2021 para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A responsable local insistiu no compromiso do goberno local de fomentar que as nenas e nenos viveirenses poidan “somerxerse nestas aventuras que nos proporcionan os libros e que nos fan medrar cun espírito crítico e con máis liberdade”. 

Este sábado, ás 12.00 do mediodía, será a quenda de Trinketrinke Teatro coa obra Familias Diversas. E a derradeira xornada terá lugar o 25 de setembro co conto Carabranca, de Iria Pinheiro e a Compañía Eléctrica.

Todas as actividades desenvolveranse na Biblioteca Pública e a entrada será de balde, aínda que haberá aforo limitado e as invitacións terán que retirarse dende o luns anterior ata o venres ás 15.00 horas. A reserva poderase realizar no 982 57 06 06. 

As familias que o desexen poderán enviar aos nenos sen compañía dun adulto, xa que a actividade contará con monitores, garantindo o cumprimento exhaustivo do tódolos protocolos covid.