Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

A ACD Praias de Comado puxo data para a proba 1/2km Vertical Comado

Por 27 Setembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

A asociación cultural e deportiva Praias de Comado comunicou que o sábado 16 de outubro será a proba 1/2km Vertical Comado 2021.

Establécense as categorías masculinas e femininas sénior para persoas nadas dende 2006 a 1981, ambos anos incluídos, e veteranos para os nados en 1980 ou antes.

A saída será dende a praia de Arealonga ás 16.30 horas e haberá un camiño sinalizado para a volta ó lugar de saída. A meta estará situada no cumio do Monte Comado en Reinante.

A entrega de dorsais será o mesmo día da proba dende 1 hora e media antes na zona de saída e ata media hora antes da saída.

Percorreranse varias estradas e camiños da localidade de Reinante, atravesando a rasa costeira ata chegar á Estrada Nacional 634, a cal se atravesará (con control da Guardia Civil de Tráfico) á altura do PK 563,700.

Posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiño de montaña cara o cumio do mesmo. A distancia total 4.100 metros aproximadamente, salvando un desnivel de 490 metros positivos.

Non haberá servicio de avituallamento durante a probaxa que se entregará unha bolsa o final da carreira.

A inscrición estará aberta ata o 12 de outubro e toda a información na súa web https://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/.

Para máis información haberá que contactar por email con praias.de.comado@gmail.com, xose9@hotmail.com e co teléfono 653 684 615.