Skip to main content
A Pontenova

O tetracampeón mundial de pesca impartirá un obradoiro na Pontenova

Por 28 Setembro, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

O sábado 2 de outubro o Concello da Pontenova organiza un obradoiro de pesca en río impartido por David Arcay, campión do omundo de pesca. Este curso está destinado para nenos de todas as idades.

Será en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 18.30 horas. Para participar será necesaria a inscrición previa antes do xoves 30 de setembro e deberá facer por teléfono chamando ao 699 419 322.

Arcay é campión do mundo individual, 4 veces campión do mundo por equipos, Subcamieón de Europa por equipos, campión de España e 13 asistencias a campeonatos internacionales.

Recentemente volveu de Finlandia con dúa medallas de bronce, individual e por equipos, no 40º Campionato do Mundo de Salmónidos. O galego foi o único non finlandés no top 5, ademais de acadar o maior número de capturas.