Skip to main content
Xove

Remata o luns o obradoiro de emprego do Concello de Xove

Por 18 Setembro, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

O luns, 20 de setembro, finaliza o Obradoiro de Emprego do Concello de Xove, denominado Especialidade de revestimentos continuos en construción. O Obradoiro foi financiado na súa totalidade pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, cun orzamento de 347.000€, e nel participaron un total de seis alumnos e alumnas-traballadoras e un monitor.

Durante os nove meses da súa duración realizáronse diferentes tarefas como o acondicionamento interno do salón de actos do Centro Cívico, o saneamento integral da envolvente dos edificios do Centro Cívico, o acondicionamento da pista de pádel e a pintura do depósito de auga de Palmeiro.

O Concello de Xove destaca o alto grao de satisfacción cos traballos realizados polos participantes do obradoiro, e agradece á Xunta de Galicia a súa financiación.