Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Verdes Equo pedirá a comparecencia da Ministra para preguntarlle polas liñas de ferrocarril

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

A deputada de Verdes Equo, Inés Sabanés, pedirá a comparecencia da Ministra de Transportes para preguntarlle polas inversións nas liñas de ferrocarril A Coruña-Ferrol e Ferrol-Ribadeo.

Así, Verdes Equo sostén que o problema ven de lonxe. “Estas liñas están desatendidas pese ás reclamacións das plataformas sociais, que poñen de manifesto a escaseza de frecuencias e a mala conservación de tramos do trazado. O problema tamén recae na conservación dos propios vehículos, xa que na liña Ferrol-Ribadeo é habitual o transbordo a autobuses por avarías nos trens”, din. 

O partido verde rexistrou a través da súa deputada no grupo parlamentario no Congreso unha serie de preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade referidas a inversións, electrificación de liñas e melloras de mantemento en Galicia. 

“A electrificación da liña A Coruña-Ferrol e a implantación do Tren de Proximidade para dar servizo a 400.000 habitantes é unha demanda social que, ademais de mellorar a mobilidade na comarca, contribúe á loita contra o cambio climático”, reitera Néstor Vázquez, covoceiro de Verdes Equo Galicia.