Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXA

Arrinca este domingo a LNB NorLeste co V Aberto das Noces de Castroverde

Por 11 Setembro, 2021Sin comentarios

A LNB NorLeste volve comezar o domingo 12 de setembro co V Aberto das Noces de Castroverde, así, será a primeira xornada da confederación co torneo que se xogará ás 11.00 horas no campo da Veiga do Olmo e se o tempo non acompaña trasladarase ao pavillón polideportivo.

Esta tempada billardeira contará con 10 abertos aínda que os anos anteriores tiña 14. O equipos participantes nesta liga son, Billardeiros Musicais de Ribadeo, Remourelle Bulls de Remourelle, Troitas Bravas da Pontenova, Castiñeiro Milenario de Begonte, Carabullo de Ponte de Outeiro, Chainzos Cadaval da Pastoriza e Castro de Rei, Billarda Verde de Castroverde e Madia Leva de Lugo.

Na última reunión celebrada nestas semanas, a conferencia NorLeste decidiu dar por concluída a Liga 2020-2021 a falta de 4 xornadas, así, por primeira vez un equipo mixto chairego foi o gañador da mesma.

No tocante a individual absoluto, Charli de Carabullos foi o gañador, na categoría feminina foi Geni dos Billardeiros Musicais a que acadou a mellor puntuación e en varados foi Chousa, do equipo de Carabullos.

Por outra banda, dende a confederación LNB comunicaron que “seguirán autoxestionando a súa propia liga pois non quixemos incluirnos na Federación creada recentemente”, engade “a billarda non é un deporte autóctono pois xógase en todo o mundo”.

“A conferencia NorLeste vai seguir xogando como sempre, facendo abertos para que todo aquel que queira, esteña ou non federado, poida xogar cando lle apeteza sin atrancos de ningún tipo”, din.

A finais de xuño dúas das tres confederacións que xogan ligas regulares en Galicia, Conferencia Noroeste e a das Rías Baixas, reunironse co Goberno Galego para conseguir que este deporte “se fixera federado e autóctono” e así creouse a Modalidade de Billarda da Federación Galega de Deporte Autóctono derivada da antiga federación da chave.

Así, xógase aplicando o protocolo de seguridade Fisicovid con máscaras obrigatorias, distancia de seguridade, non compartir material nin comida e xel hidroalcólica.