Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Abre unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado

Por 17 Setembro, 2021Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, co que levará máis de cincuenta actuacións polos concellos.

Dezanove compañías –catro máis que na última edición- ofrecen as súas representacións no marco deste programa, co que a Vicepresidencia da Deputación mantén o apoio ás artes escénicas que se iniciou co programa Buxiganga e que se lanza baixo esta nova fórmula adaptada á sitaución de pandemia.

Trátase de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena Teatro (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo) Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Trocos (Castro de Rei), Pico do Castro (Foz), Alentía Teatro (Palas de Rei), A Mariña (Cervo), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Metátese Teatro (Palas de Rei), Os Pinchacarneiros (Lugo), Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).

A área de Cultura xestiona o calendario, atendendo á dispoñibilidade das compañías e as preferencias dos concellos e asociacións interesadas nesta oferta cultural, e financia íntegramente as actuacións.

A esta nova edición se suman catro grupos máis que o ano pasado, “o que nos fai ser optimistas de cara a recuperar toda a actividade previa á pandemia” e recoñeceu “o traballo e o amor polo teatro que hai detrás das compañías de teatro amadoras, que canalizan a creatividade e as inquedanzas artísticas e culturais de moitas persoas formando actores e actrices que logo dan o salto ao teatro profesional”, din dende a organización.

Este programa ofrece a posibilidade de ampliar a oferta cultural e de lecer nos distintos concellos, animando a entidades locais e asociacións a concertar actuacións para os vindeiros meses.

Consulta a programación neste enlace