Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité de Alcoa ve roto o proceso de venda e votará o mércores retomar a folga

Por 20 Setembro, 2021Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa anunciou hoxe que dan por roto o proceso de venda da factoría de Aluminio polo que vén de convocar unha nova asamblea de traballadores para este mércores, 22 de setembro, ás 12.00 horas.

A cita será novamente ante o  Hórreo e nela estudaranse retomar as mobilizacións e a folga, que foron suspendidas durante todo este tempo para impulsar o proceso de venda.

O comité tiña aprazado o reinicio da folga ata este luns pero non tomará unha medida final sen contar co apoio do resto de traballadores.