Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Finaliza o obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove VII

Por 21 Setembro, 2021Setembro 22nd, 2021Sin comentarios

Esta semana rematou o obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove VII, así, o alcalde burelés, Alfredo Llano, deulles ás grazas ao profesorado e aos sete alumnos que nos últimos nove meses realizaron traballos de xardinería na localidade.

O rexedor destacou que “fixeron numerosas actuacións na nosa vila. Melloraron espazos naturais e acometeron tarefas de limpeza e desbroce nas concas dos ríos. Tamén colocaron representacións do faro e do Torques no parque Rosalía de Castro. Estamos satisfeitos no Concello co traballo realizado a través deste obradoiro de emprego”.

Alfredo Llano anunciou que “en outubro dará comezo un novo obradoiro, que neste caso será de pintura”.