Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Belinda Washington presenta en Viveiro o seu novo proxecto

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

A actriz Belinda Washington presenta o vindeiro venres 24 de setembro Los viajes de Belinda, un novo proxecto co que gozar e descubrir todos os segredos da Mariña lucense, da man de cinco convidadas de luxo.

Hai máis de 20 anos que Belinda namorouse da fantástica paisaxe de A  Mariña lucense. Unha zona para algúns descoñecida cun clima tranquilo  e unha paisaxe bucólico que lle lembra á súa escocia natal. Un espazo cheo de tranquilidade, xente marabillosa e unha espectacular gastronomía. Un lugar ideal para reconectar coa natureza e cun mesmo. Desde entón, o seu maior desexo é que cada vez máis persoas coñezan esta  marabillosa zona que no seu día a encandeou e é así como nacen Los viajes de Belinda.

Este soño fraguouse hai 8 anos e agora faise realidade grazas ao apoio de diferentes empresas e varios Concellos da zona. Unha sinerxia que nace  co obxectivo de potenciar o turismo da zona e embelesar aos seus visitantes  con mil razoes para volver, respectando a contorna e a súa beleza sobrecolledora.

Para esta nova aventura Belinda contará con 5 mulleres de bandeira,  5 invitadas de excepción na súa primeira viaxe, a presentadora Mariló Montero,  as actrices Miriam Díaz-Aroca, Itziar Castro, María Isabel Díaz Lago e Carol Rovira.

Unhas compañeiras extraordinarias que van descubrir nunha cita a cegas de 4 días os marabillosos recunchos da Mariña lucense e que contaxiarán á volta aos seus familiares e coñecidos con todo o vivido  e sentido.

A viaxe chea de actividades, visitas interesantes, culturais, gastronómicas e lúdicas que pretenden repetirse periodicamente para que  cada vez sexa mais numeroso o numero de visitantes.

A presentación de Los viajes de Belinda será o vindeiro venres día 24 de setembro ás 10.00 no Hotel Urban Viveiro.