Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Alcoa volverán o luns á folga

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa anunciou hoxe volverán a retomar a folga e as mobilizacións na rúa ante o bloqueo do proceso de venda, que consideran roto. Este acordo tomouse na asamblea de traballadores que tivo lugar hoxe, ás 12.00 horas diante do Hórreo cos votos a favor dos traballadores, agás 8 que votaron en contra.

A folga farase efectiva o luns e comezarán tamén de novo coas mobilizacións, a primeira delas o luns ás 14.00 horas diante da entrada da fábrica. Seguirán nas mesmas condicións que tiñan xa que, como subliñou José Antonio Zan, voceiro do comité, “continuamos coa mesma folga que tiñamos, non se trata dunha nova polo que se manteñen as condicións”.

Segundo explicaron na  reunión, consideran que Alcoa rompeu as ngociacións xa que quería negociar o prezo enerxético para o comprador ante de vender e consideran que “iso non ten lóxica xa que sería o comprador o que tería que negocialo”. Afirman tamén que a multinacional “non lle vale nada do que o Goberno propuxo” e que “a catro compradores lles valía un plan enértico proposto pola ministra”.

Tamén manifestaron o seu malestar coa decisión do Goberno de que a SEPI non interveña porque no lle deixa a Unión Europea, “cando hai uns mess non tivo problema en facer unha oferta que Alcoa no tempo de desconto da negociación rexeitou”.

O comité tiña aprazado o reinicio da folga ata o pasado luns á espera de que se producira un acordo de venda.