Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité de empresa de Alcoa comezou hoxe coas novas mobilizacións

Por 27 Setembro, 2021Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa comezou hoxe coas mobilizacións que anunciaron recentemente ante o bloqueo do proceso de venda, que consideran roto.

Así mesmo, comeza unha nova folga nas mesmas condicións que tiñan xa que, como subliñou José Antonio Zan, voceiro do comité, “continuamos coa mesma folga que tiñamos, non se trata dunha nova polo que se manteñen as condicións”.

Segundo comunicou Zan, “o que non dice Alcoa é que o día 20 de outubro queren despedirnos, e o que non dice o goberno é que non están cumprindo co que pactaron. Hai que seguir adiante e loitando”, finalizou dicindo Zan.

Segundo explicaron na reunión anterior, consideran que Alcoa rompeu as negociacións xa que quería negociar o prezo enerxético para o comprador ante de vender e consideran que “iso non ten lóxica xa que sería o comprador o que tería que negocialo”. Afirman tamén que a multinacional “non lle vale nada do que o Goberno propuxo” e que “a catro compradores lles valía un plan enértico proposto pola ministra”.

Tamén manifestaron o seu malestar coa decisión do Goberno de que a SEPI non interveña porque no lle deixa a Unión Europea, “cando hai uns mes non tivo problema en facer unha oferta que Alcoa no tempo de desconto da negociación rexeitou”.