Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Magnífica actuación do club de bolos Xove no campionato de España Femenino

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

O club de Bolos Xove acadou uns fantásticos resultados no Campionato de España de bolo celta de categoría feminina celebrado este fin de semana no campo de Sumoas de Xove.

Na categoría individual a xovense Julia López defendia o título e na fase clasificatoria demostrou que estaba disposto a conseguir o seu terceiro entorchado nacional.

A dificultade para Julia chegou en semifinais coa increíble xogadora astur: Sandra Suarez do equipo Los Serenos que foi capaz de subir tres bolos a xogo, é dicir, pasar un bolo por riba dunha rede de 3 metros de alto situada a 19 metros dos bolos. 

Julia quedou en semifinais despois de que a xogadora astur fixera 3 bolos a xogo nunha partida a 4 xogos gañados. Ademais, gañou o duelo polo terceiro e cuarto posto.

Pola outra semifinal chegaron duas xogadoras de Galicia, a baionesa Blanca Lago, e a boirensem Paula López. E nesta semifinal caeu do lado de Blanca Lago. Na final Sandra Suarez impusoxe a Blanca Lago nun gran partido que puido ser para calquera das dúas xogadoras.

Na categoría de parellas as xogadoras de Xove, conseguiron o Campionato e o Subcampionato formando parella con xogadoras doutros clubs xa que as parellas formanse coas 16 xogadoras mellor clasificadas do día anterior.

Nesta categoría a xovense Belén Meitín e Belén Rodríguez do club A Rega,  gañaron a Lara Rodríguez do club Bolos XOve e a Patricia Garcia do club Portomeán, nunha emocionante partida.

Así, os resultados foron os seguintes.

Categoría individual

Campoiona: Sandra Suarez do club Los Serenos-Asturias.

Subcampeiona: Blanca Lago do Club Estivada –Pontevedra.

Terceira: Julia López Club do Bolos Xove–Lugo.

Cuarta: Paula López  Club do Bolos Portomean-Pontevedra.

Categoria Parellas

Campionas: Belén Meitín do Club Bolos Xove e Belén Rodríguez do Club Bolos A Rega.

Subcampionas: Lara Rodríguez do Club Bolos Xove e Patricia García do Club Bolos Portomean.

Tercer Posto: Sandra Suarez do Club Los Serenos e Mª Isabel Sánchez do Club San Miguel Peitieiros.

Cuarto Posto: Laura González do Club Camos e Carmen Roca do Club Bolos Xove.