Skip to main content
Axenda Caducada

763 atletas participan hoxe na media maratón Ribadeo-As Catedrais

Por 18 Setembro, 2021Sin comentarios

Hoxe celébrase a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. A carreira dará comezo ás cinco da tarde e nela participan 763 atletas. Todos os que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba.

Dos 763 participantes,  600 homes e 163 mulleres. Haberá cortes de estradas por onde pase a carreira, pero serán tempos curtos, entre quince e trinta minutos por zona. Debido ao protocolo da Federación Galega de Atletismo, cada vinte segundos sairán dez participantes.

Todos os participantes recibirán unha medalla pola súa participación.