Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de Xove

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

A ACD Xove vén de abrir o prazo de inscrición das Escolas Deportivas-Culturais para a tempada 2021-2022.

Todos os alumnos que desexen participar deberán ser socios da entidade, e aquelas familias ou alumnos que queiran incorporarse como socios deberán poñerse en contacto coa xunta directiva da asociación para formalizar e tramitar a súa inscrición de alta.

A cota para ser socio é de 10 euros ao mes por familia en pagos semestrais, tendo dereito a participar en todas as escolas organizadas pola asociación, así como contarán con descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas que se poñan á venda.

Estas escolas contan con patinaxe artística, xadrez, atletismo, baloncesto, bádminton, pintura, teatro, fitdadance, tenis de mesa, surf e xogos pre-deportivos. Todas elas son para nenos de entre 5 a 16 anos, con excepción dos pre-deportivos (3-4 anos) tenis de mesa (a partir dos 8 anos), surf (a partir dos 9 anos), fitdadance (a partir dos 14 anos e adultos) e a de pintura (a partir dos 7 anos e adultos).

As incscrición faranse na páxina web www.acdxove.com e o prazo de inscrición remata o 30 de setembro, para así pechar os grupos e comezar o 18 de outubro.

Para poñerse en contacto haberña que chamar ao 618 976 159 ou mandar un email a a.c.d.xove@hotmail.com.