Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Dous equipos de Celeiro, no máis alto do podio do Torneo de fútbol na rúa de Viveiro

Por 21 Setembro, 2021Sin comentarios

A chuvia estropeou a celebración do I Torneo de fútbol na rúa 4×4 celebrado en Viveiro. De feito tivo que celebrarse finalmente no pavillón Enrique Basanta de Celeiro, aínda que nun principio estaba previsto facelo na pista de Lavandeiras.

Gran éxito de público, e gran satisfacción dos equipos participantes, que finalmente tiveron que reducirse ata 6 equipos participantes debido ao cambio de datas para non coincidir coa celebración do Resurrection Fest.

O equipos gañador foi o 6 Tope de Celeiro, seguido do Torrente, tamén da mesma localidade. A terceira posición ocupouna o Martes MD de San Ciprián. Finalmente, o mellor xogador do campionato elexido polos capitáns dos equipos participantes foi Javier, porteiro do equipo Torrente.