Skip to main content
Alfoz

Unha veciña de Alfoz cumpre cen anos e recibe un agasallo do Concello

Por 16 Setembro, 2021Sin comentarios

A veciña de Alfoz Fuensanta Balseiro cumpriu cen anos. O 12 de setembro cumpriuse o centenario do nacemento e para celebrar tan importante data Jorge Val Díaz, alcalde de Alfoz, e Arantxa Incera, concelleira de Servizos Sociais visitárona no seu domicilio para facerlle entrega dunha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Como din os veciños, Fuensanta é unha muller cariñosa, chea de enerxía e moi positiva que aos seus 100 anos come de todo, aínda que pouco, fai a cama todos os días, sae a pasear coa súa filla Conchita e non se perde tampouco a ocasión de disfrutar do aperitivo dos domingos.

Contan que non se queixa de nada, só que agora non anda coma antes pero a súa saúde é de ferro. E sobre todo a súa actitude cara a vida, “hai que mirar de levarse ben e disfrutar da vida, que para o outro mundo non levamos nada” di. Celebrou o seu aniversario rodeada da familia e amigos.