Skip to main content
Alfoz

Alfoz distingue aos seus produtores de mel

Por 15 Setembro, 2021Sin comentarios

A Corporación Municipal de Alfoz ofreceu un aco de recoñecemento aos meles Ouro Puro e O Poder das flores.

Jorge Val, alcalde de Alfoz, acompañado do resto da Corporación Municipal, entregoulles aos productores deste mel, Iván e César Marrube e dJavier e Francisco Carreiras, senllas figuras do Castelo de Castro de Ouro, símbolo do Concello de Alfoz, e”n agradecemento pola súa labor na promoción do municipio a través dos recentes éxitos acadados que sitúan os seus meles entre as mellores do mundo”.

Ambas as dúas recibiron durante o último ano diferentes premios pola súa calidade e sabor.