Skip to main content
Alfoz

A Biblioteca de Alfoz conta xa cun Recuncho Violeta

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Alfoz conta xa cun Recuncho Violeta, un espazo propio con libros e xogos específicos de igualdade. Sobre todo para os máis novos, nos que se fomente o respecto e os valores, o coñecemento e xestión das emocións, a diversidade, etc. que no fondo son os pilares para unha sociedade máis igualitaria.

Moitas das obras que recomendamos nas Axendas Coeducativas poderán atoparse nos nosos andeis, os cales se irán completando con máis contidos nun futuro. Banda deseñada, contos, novela, ensaio e poesía para todas as idades.

Tamén xogos que se poderá utilizar na biblioteca, levar en préstamo e que serán utilizados nas actividades do Programa de Conciliación do CEIP Castro de Ouro.

Haberá dous Recunchos Violetas, un físico na Biblioteca e outro dixital dentro do Blogue da Bibloteca que está hospedado na web municipal no que se tratan temas específicos de igualdade.

Tendo en conta que as bibliotecas actuais son espazos sociais, sobre todo nas poboacións pequenas coma a nosa, deben de ir máis alá de dar só un servizo puramente bibliográfico. De aí que pretendan organizar actividades a prol da igualdade, para os máis pequenos sobre todo, e, ao mesmo tempo, dotar de materiais á biblioteca, destacando a parte dedicada aos xogos a través dos que se traballa a coeducación, a eliminación dos estereotipos e o fomento da non violencia.