Skip to main content
Axenda Caducada

Barreiros ConVidate volve cargado de actividades para setembro e outubro

Por 9 Setembro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

O concelleiro de dinamización, Dani García, informoi da nova programación Barreiros ConVidate que achegará música e cine a distintos puntos do concello durante os meses de setembro e outubro.

O edil explica que tamén se programarán outras actividades, fóra deste programa que achegarán máis espectáculos a outras parroquias e lugares que poidan non estar incluídas nesta ocasión. 

A programación, que xa comezou, segue este sábado 11 coa actuación da A.F. O Arco da vella ás 19.900 horas na prza paria de Arealonga.

O domingo 19 será a quenda do espectáculo Cartoons, unha obra para os nenos na praza de San Cosme ás 12.30 horas, e pola tarde será o día da bici ás 17.00 horas.

O sábado 25 volverá a música co grupo tradicional Xaramolo ás 19.00 horas en Vilamartín Pequeno, e o domingo 26 haberá pasarrúas por San Cosme a cargo de Os Carricantos ás 12.30 horas.

O xoves 30 poderase desfrutar da mostra de Kinetiko no centro sociocultural de San Cosme a partir das 10.00 horas.

En outubro, o sábado 2 haberá un concerto do Cuarteto Illa Pancha ás 12.30 horas por San Miguel, e o domingo 4, Pakolas e Laura Romero levarán a Música na praza de San Cosme ás 12.30 horas.

Xa por último, o domingo 24 de outubro Ubú Teatro Infantil levará O Vixiante dos soños en San Cosme ás 12.30 horas.

Desde o Concello, que leva a cabo este programa por segundo verán consecutivo, lembran a importancia de respectar as normas de prevención da Covid e seguir o protocolo polo que se rixen as actividades, que pode verse modificado en función da situación sanitaria do momento no que se desenvolva cada actividade.

Aproveitan así mesmo para facer un chamamento á responsabilidade e á prudencia nas relacións sociais, así como á participación en actividades que conten con todas as garantías sanitarias na súa organización.