Skip to main content
Barreiros

Aberto o prazo para solicitar o uso do pavillón de Barreiros, que busca un técnico

Por 16 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Barreiros, mediante resolución, ten aberto o prazo para solicitar o pavillón polideportivo municipal na tempada 2021-2022 (outubro a xuño) por parte dos equipos e asociacións.

O prazo para presentar as solicitudes remtará o 24 de setembro. Durante este prazo os interesados deberán presentar nos rexistros municipais (presencial ou electrónico) a súa solicitude no modelo normalizado que se lles facilitará nas oficinas xerais e que tamén poderán obter na páxina web do Concello de Barreiros.

PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL

Por outra anda, iniciouse o proceso selectivo para 1 técnico deportivo como persoal laboral temporal no Concello de Barreiros ao abeiro do programa de Fomento do Emprego incluído no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación.

As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección poden atopar toda a información, así como a documentación a presentar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Barreiros ou directamente dende a seguinte ligazón https://www.concellodebarreiros.gal/…/axencia-de…

O prazo para a presentación de solicitudes (10 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP) finaliza o día 24 de setembro.