Skip to main content
Cervo

Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica

Por 8 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica municipal este luns, 6 de setembro, así o avanzou David Rodríguez, o edil de deportes, que xa están dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre a través de reserva vía telefónica a través do 982 594 512”; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.

O horario da piscina será de luns a venres en horario de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 22.00 e os sábados de 9.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas.

O concelleiro avanzou tamén que “nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán na piscina na temporada 2021-2022 cos seus respectivos horarios”.

O responsable de deportes apuntou que “durante este tempo no que nos vimos obrigados a pechar a piscina, estivemos acometendo diversas tarefas de mantemento e adecuación. Ademais vimos de substituír a iluminación do vaso, conseguindo así unha mellor eficiencia enerxética e fixemos tamén labores de renovación e pintura en diferentes partes da instalación, ademais de adaptar a saída de emerxencia para mellorar o acceso a persoas con mobilidade reducida”.