Skip to main content
Foz

O director da Escola de Música de Foz continuará á fronte do centro

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, reuniuse este martes co director da Escola de Música Municipal Arcadio Mon, Felipe Sánchez, xuntanza na que abordaron a planificación deste centro para o curso 21-22. Acordaron continuar a traballar para mellorar as condicións da escola e que a mesma siga a ser bandeira da cultura en Foz. 

O rexedor quere “agradecer a Felipe o seu traballo. Durante este curso esforzarémonos ao máximo para, en conxunto coa dirección, dar os pasos necesarios para estabilizar a ESMU e proporcionarlle as condicións necesarias para que continúe a ser un centro musical de referencia.”