Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acollerá unha obra de Camiño Escena Norte

Por 14 Setembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A terceira edición do programa de intercambio artístico e profesional Camiño Escena Norte achegará, como ven facendo dende o 12 de setembro e até o 10 de outubro, numerosas propostas escénicas de diversas disciplinas e formatos por nove localidades galegas.

Este proxecto pretende, por terceiro ano consecutivo, expandir e dinamizar o sector escénico que se vertebra arredor do territorio que percorre o Camiño no Norte da península.

Unha das actuacións previstas será en Mondoñedo onde, A66 Producciones de Asturias representará Abre el ojo, de Francisco de Rojas Zorrilla o día 18 de setembro ás 20.00 horas no auditorio Municipal Pascual Veiga. Terá entrada libre previa reserva e está dirixida a un público a partir de 15 anos.