Skip to main content
Mondoñedo

O BNG de Mondoñedo amosa o seu malestar polo acordo do Concello coa Diócese

Por 28 Setembro, 2021Sin comentarios

Trala recente noticia do Concello de Mondoñedo sobre a cesión durante 29 anos das estancias do Pazo Episcopal de tal xeito que as dependencias eclesiásticas albergarán pezas que forman parte do patrimonio da Catedral e da propia Diócese, así como outras pertencentes a distintas institucións ou persoas vinculadas á tradición relixiosa de Mondoñedo e ao Camiño Norte.

O BNG de Mondoñedo pregunta polos beneficios que lle vai traer ao Concello asumir a xestión do museo catedralicio e que “eles non apoiaron o convenio de cesión”

O concelleiro do BNG, Eloi Cabanas lamenta que se trouxera a pleno por vía de urxencia sen comisión informativa previa unha proposta sen definir na que se pedía o visto bo a un convenio que semella ser unha carga para o concello.

Só nos dixeron que era un proxecto moi ambicioso valorado en 3,5 millóns de Euros, que xa se iría concretando e que estaba enmarcando dentro do Plan Turístico Nacional 2021-2022 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo”, di Cabanas. 

O BNG entende que para valorar o alcance da proposta sería convinte poder manexar máis información para saber que consecuencias lle vai traer ao concello asumir a xestión do museo durante 29 anos.

Segundo o BNG, o Plan Turístico Nacional Xacobeo indica que, unicamente poderán ser financiadas  actuacións sobre bens de titularidade pública e por iso o concello se presta como entidade pública e acepta a titularidade das instalacións do Pazo Episcopal para que a obra de 3,5 millóns de euros sexa subvencionada. Ademais de todo isto a Concello será o obrigado de facer as obras de ampliación do museo, asumirá os gastos derivados da conservación das instalacións e das pezas alí depositadas, dos gastos en persoal que atenda o museo así como electricidade ou IBI no caso se ser esixible.

O convenio aprobado o pasado venres libera a Diocese de todo o que ten que ver coa ampliación e a xestión do museo catedralicio durante 29 anos e cárgalle todo ao concello de Mondoñedo”, engade Cabanas.

Eloi Cabanas apunta que a Consellería de Innovación e Industria encabezada polo nacionalista Fernando Blanco no ano 2008 investiu 655.000 euros na ampliación e mellora do Museo Catedralicio para dotalo dun proxecto completo e coherente, xunguilo coa tradición das peregrinacións xacobeas polo Camiño Norte e facelo máis accesible dándolle un novo acceso desde a Fonte Vella. “A inversión realizouse pero a mellora da oferta do Museo Diocesano non chegou a ver a luz”.

“Á falta dun estudo pormenorizado das consecuencias que lle vai traer este convenio de cesión ao Concello, da indefinición e descoñecemento do proxecto e da urxencia inxustificada coa que se instou a tomar unha decisión”, o BNG abstívose na votación de aprobación do convenio de cesión.