Skip to main content
A Pontenova

Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música da Pontenova

Por 9 Setembro, 2021Sin comentarios

A Escola Municipal de Música da Pontenova abriu o prazo de matrícula para este novo curso, que estará aberto ata o fin de prazas.

Existen diferentes materias de ensinanza na escola como linguaxe musical, armonía, acordeón, gaita, percusión, guitarra, baixo, piano e canto.

O prezo é de 20 euros por materia excepto en coro que son 12, e ademais existen reducións no caso de matrícula en máis dunha materia ou máis dun membro da familia matriculado.

As incricións poden facerse polas mañás na escola e solicitar máis informaicón no 650 348 123.