Skip to main content
A Pontenova

Unha veciña da Pontenova cumpre cen anos

Por 13 Setembro, 2021Sin comentarios

A pontenovesa Herminia Iravedra Iravedra cumpre hoxe cen anos, e xa tivo oportunidade de celebralo este domingo acompañada da súa familia e xunto aos seus netos Tamara e Iván, na súa casa da parroquia de Acebro.

O alcalde da Pontenova, Darío Campos e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Couto aproveitaron esta pequena celebración para felicitala e agasallala cun ramo de flores e unha tarta de cumpreanos, nesta data tan sinalada para Herminia.