Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo asinou os convenios para a concesión de subvencións a once clubs deportivos

Por 6 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo asinou os convenios para a concesión de subvencións nominativas a once clubs deportivos. O montante ascende a preto de 46.000 euros. 

O edil de Deportes explicou que “desde a Área de Deportes vimos de asinar o convenio das subvencións nominativas a once clubs de distintas especialidades que corresponden a 2021. Hai que recalcar tamén que hai outra bolsa, xa que hai clubs que non entraron por distintas cuestións, de 5.500 euros que van a concorrencia ou a eventos. Esa sería outra liña que hai que sumar á cantidade total deste ano para todas as subvencións deportivas”.

O concelleiro ribadense considera que “é unha cantidade interesante, unha aposta como sempre do Concello polo deporte e por apoiar a estes clubs que todos os anos fan ese esforzo, día tras día, para que os nenos e nenas poidan desenrolar o deporte e competir, que non é o principal pero está nesa liña. De todas estas axudas nominativas poden pedir un anticipo do 80% e o outro 20% cando estea xustificada a subvención”. 

Engadiu que “hai uns prazos así que dicirlles aos clubs que miren ben o convenio e se hai algunha dúbida teñen na Concellaría de Deportes e en Intervención aos técnicos a disposición deles. A ver se este ano se vai normalizando un pouco a actividade deportiva para que todos os clubs poidan desfrutar e competir como se viña facendo ata antes do covid. Pedimos, ante todo, moita prudencia tanto en adestramentos como en competición atendendo sempre ás normas sanitarias”.