Skip to main content
Ribadeo

Melloras na Escola ribadense de San Vicente, en Covelas

Por 21 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello sacou a licitación as obras de mellora da Escola de San Vicente, en Covelas. Suporán un investimento de máis de 46.000 euros e recollen todas as suxestións realizadas pola asociación de veciños.

O proxecto que redactou o técnico municipal ascende a uns 46.600 euros e recolle todas as suxestións feitas pola asociación de veciños no seu momento: cambio da carpintería de exteriores para mellorar o illamento térmico, sanear e recuperar as cornixas do edificio, dotación dun novo pavimento antiesvaradizo no perímetro exterior da Escola, melloras de electricidade e iluminación, pintura exterior e interior e dotación de mobiliario.

Este venres remata o prazo para a presentación de ofertas para todas aquelas empresas que desexen participar. Esta actuación xa foi contemplada integramente no vixente orzamento municipal que se aprobou a principios deste ano.