Skip to main content
Ribadeo

Melloras no camiño que vai desde As Anzas a Saa en Ribadeo

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello está a realizar obras en Covelas, no camiño que vai desde As Anzas a Saa, por Salcedo. O investimento ascende a 74.400 euros, dos que o Agader aporta 39.700 euros e o resto procede de fondos municipais. 

As obras que se están a facer consisten en dotalo dun novo firme de aglomerado en quente, de corredores laterais de zahorra artificial, así como a limpeza de gabias e facer novas obras de fábrica e limpar as existentes onde sexa necesario e tamén a sinalización horizontal.

A obra estase a realizar por parte da empresa Desarrollos y Metas, S.L., por ser esta a mellor oferta do procedemento aberto de contratación pública que tivo lugar anteriormente.