Skip to main content
Ribadeo

Os populares ribadenses denuncian o abandono da Casa das Algas

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia un novo caso de “abandono” dun edificio municipal como é a Casa das Algas situada ao pé da rotonda da Vilavella.

“A pintura escarchada e as inmediacións cheas de malas herbas por falta de roza dan unha moi mala imaxe deste edificio que, na actualidade, alberga as instalacións do Club de Remo”, explica Sierra.

O Grupo Municipal Popular defende que un edificio ao que acoden tanta mocidade, debe estar en condicións óptimas, igual que o seu entorno que é competencia exclusivamente do Concello.

A popular advirte que “a causa de abandono das instalacións municipais é sempre a mesma: a falta de mantemento e conservación por parte do goberno do BNG”. E, por iso, esíxelle “non dar tantas leccións e cumprir coas súas obrigacións”.

Sierra engade que “non só consiste en enviar requirimientos para que os veciños limpen as súas leiras, que está moi ben porque algunhas se atopan moi abandonadas; senón que o goberno debe cumprir a súa normativa e conservar os seus edificios”.

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular ribadense convida ao goberno local do BNG a “actuar” porque “case todos os edificios municipais atópanse nun estado bastante abandonado”.