Skip to main content
Ribadeo

Adamo e Acisa asinan un novo convenio con condicións vantaxosas

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

Adamo e Acisa acaban de asinar un novo convenio de colaboración con condicións vantaxosas para particulares.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, destacou que “desde Acisa Ribadeo e Adamo quixemos dar un paso máis na nosa colaboración, e por iso á oferta que temos para empresas agora inclúese a oferta residencial. A oferta é dun 80% de desconto no teu pack, fibra 1.000 Mb e móbil 25 GB por 8 euros ao mes durante os 4 primeiros meses e despois 44 euros ao mes, e de agasallo 3 meses gratis de Netflix”.

Iriarte Quintana explicou que “este será o pack que se oferte preferentemente, pero cada un pode configurar o seu pack a medida. Outras dúas ofertas posibles son 1.000 Mb de fibra máis fixo por 21 € ao mes os 4 primeiros meses e despois 42 euros, ou se non, 1.000 Mb de fibra máis móbil 50 GB máis fixo por 20 euros ao mes os 4 primeiros meses e despois por tan só 56 euros”.

E engadiu que “Adamo conta con implantación na zona e segue en expansión, por iso consideramos que aos nosos socios e socias poderíalles interesar todo o que a empresa lles pode ofertar. Debemos lembrar a oferta a empresas que contraten fibra con Adamo Business, pagarán un 50% menos durante os tres primeiros meses e terán un desconto especial na segunda fibra. Todas as firmas asociadas a Acisa recibiron, como é habitual, a comunicación informativa correspondente sobre este novo convenio. Ademais desde agora contamos con Angel Fraiz, membro asociado a Acisa coa súa empresa Fraiz Informatica, que será o xestor de contratos para a nosa entidade”.