Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo dará achegas a 12 asociacións educativas e culturais

Por 30 Setembro, 2021Sin comentarios

O salón de plenos do Concello acolleu o acto de firma dos convenios das subvencións nominativas concedidas a 12 asociacións educativas e culturais de Ribadeo neste ano 2021.

Son en total uns 28.650 euros de diñeiro público que se destinarán ás actividades que se fan nos eidos cultural e educativo. “Por iso o consignamos en cada orzamento no apartado de gastos porque é un investimento: investir en cultura e educación é sempre un investimento, non un gasto”, din dende o departamento de Cultura do Concello.

A edil de Cultura dixo que “desde este eido sempre apoiamos calquera acción que nos propoñades, tamén a nivel económico. O apoio loxístico tamén son cartos porque hai persoas que están aí traballando e teñen as súas horas, que hai que pagarlles, ademais de espazos e incluso apoio económico para outras actividades que ás veces desenvolvedes fóra da subvención. Entón sempre que queirades sabedes que tedes as portas abertas e sempre que poidamos habemos axudarvos”.