Skip to main content
A PontenovaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto e A Pontenova celebran este domingo o Desafío do Ferro

Por 2 Setembro, 2021Sin comentarios

Os concellos de Riotorto e A Pontenova históricamente están ligados ó ferro por iso organizan a ruta ciclista Desafío do Ferro para este domingo, 5 de setembro. Esta proba conta con dúas distancias, a curta de 29 km e a longa de 45.

A proba será circular con saída e chegada en Riotorto e contará con dúas distancias, unha de 29 quilómetros cun desnivel acumulado de 850 e outra de 45 quilómetros cun desnivel de 1400 metros podendo elixir no quilómetro 18 cal das dúas opcións se elixe.

A distancia de 45 quilómetros contara con 3 avituallamentos contando a meta e a distancia de 29 quilómetros contara con 2.

O recorrido estará sinalizado cada poucos metros cun distintivo da carreira, aínda así facilitarase un track os corredores para que o poidan incorporar os seus dispositivos.

E obrigatorio levar o teléfono móbil durante a proba para que a organización se poida poñer en contacto co corredor se xurdira calquera imprevisto. Importante levar a batería cargada.

Na saída, na chegada e no núcleo urbano da Pontenova estará controlado por parte da organización. A gran parte do recorrido restante transcorre por camiños e sendeiros, aínda así hai algún punto no que se transita por estradas comarcais con escaso transito de coches, hai que facelo con precaución, respectando cruces, sinales e as normas de circulación vixentes. A organización non se responsabiliza dos posibles contratempos acaecidos por non respectar a circulación e as súas normas

Se se decide abandonar a proba nalgún punto da ruta deberase comunicar á organización para poder ter a todos los corredores controlados e situados. O lugar e a hora para retirar o dorsal comunicarase 15 dias antes da proba. Poderase retirar o dorsal dun amigo ca fotocopia do seu DNI e autorización firmada por el.

E obrigatorio o breafing de antes da proba xa que nel darase toda a información da proba así como consellos e advertencias.