Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O Club de Tiro San Roque de Viveiro organiza un curso

Por 28 Setembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

Os días 9 e 10 de outubro o Club de Tiro San Roque de Viveiro organiza un curso de tiro que será impartido por Jesús Serrano Lara en Viveiro.

O horario será de 15.00 a 20.00 horas o sábado 9 e de 8.30 a 14.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas o domingo 10.

O curso constará de teoría e práctica e tamén de adaptación da arma se fora necesario. Ao final farase unha pequena competición que contará con agasallos.

As inscricións deberán realizarse mediante whatsapp no teléfono 616 933 646.