Skip to main content
Viveiro

Viveiro desbloquea a tramitación do PXOM

Por 10 Setembro, 2021Setembro 12th, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro conseguiu desbloquear a tramitación do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nunha reunión celebrada en Santiago na Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

“Foi unha reunión frutífera e agradecemos a receptividade da AXI, de feito este mesmo luns xa haberá unha reunión entre o equipo redactor do PXOM e técnicos da axencia para desbloquear algunhas cuestións clave do plan”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

A reunión foi solicitada pola propia alcaldesa e participaron na mesma Francisco Menéndez, director da AXI; Héctor Presas, xefe da Área de Planificación da AXI; o equipo redactor de OTEA (Manuel López e Belinda Yepes); María Loureiro; e os portavoces municipais do PSOE (Jesús Fernández); PP (José Ramón Soto); X Viveiro (Bernardo Fraga), e o concelleiro non adscrito (Luis García).

“Viveiro necesita o PXOM, é unha ferramenta imprescindible e primordial para o desenvolvemento do concello en diferentes eidos, como o urbanístico e o industrial; é unha opinión consensuada entre todos os grupos da corporación”, lembra a alcaldesa. 

A AXI era ata o de agora a única administración da que o concello ten pendente o establecemento dunhas directrices para poder continuar coa tramitación do PXOM, tendo en conta que hai certa incertidume e falta dun criterio claro para poder seguir avanzando.