Skip to main content
Viveiro

Organizan no Casco Antigo de Viveiro o Día da Veciñanza

Por 18 Setembro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro organiza hoxe, sábado 18 de setembro, un pasarrúas musical a respecto do que acabará por convertirse como o Día da Veciñanza, en celebración dos 3 anos cos que xa conta a asociación.

Esta iniciativa comunitaria ten o obxectivo de celebrar entre veciñas e veciños ese sentimento de comunidade “e que polo de agora teremos que esperar a que a situación sociosanitaria sexa máis axeitada para realizar o resto de actividades que o colectivo lle gustaría compartir, como serían xogos populares, concurso de adornos de rúas, e algunhas accións máis”, explican.

Dende a Asociación agradecen o patrocinio da Deputación de Lugo a través do programa Musiqueando e a colaboración do Concello de Viveiro ofrecendo pinchos para o grupo musical.