Skip to main content
Xove

Vaise remodelar o parque infantil situado na rúa Doutor José Baamonde de Xove

Por 6 Setembro, 2021Sin comentarios

Estase a remodelar o parque pequeno infantil situado na rúa Doutor José Baamonde de Xove para facelo máis accesible para os nenos.

Actualmente, conta con equipamento de xogos e o que se pretende é revitalizalo e fomentar o seu uso dado que conta con se un enclave moi céntrico na vila.

Esta mellora consistirá na rehabilitación da infraestrutura exitente así como na colocación dunha estrutura cuberta para que “os cativos poidan desfrutar durante o inverno e nos días de chuvia”, di o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.

Para elo crearase unha nova zona de pavimento blando con perímetro de liñas curvas que contrasten cos bordes xeométricos da parcela e contará con novos columpios.

A cuberta é unha estrutura ovalada con vigas e correas metálicas e aá súa vez cubrirase de paneis de policarbonato celular de varias cores.

Esta remodelación ascende a un importe de 114.671,06 euros con ive engadido e terá que estar rematada o 30 de novembro. Foi adxudicada á empresa Bahía.

“Toda a estrutura será máis accesible e os pequenos poderán xogar máis seguros así como resgardados na tempada de inverno”, engade Salgueiro.