Skip to main content
Axenda Caducada

A casa da cultura de Alfoz acollerá a obra Cartoons

Por 6 Setembro, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

O 11 de setembro ás 20:00 horas o salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá a obra Cartoons de Excéntricas e Teatro de Adro dentro do programa Ler conta moito.

Está dirixida a un público familiar e infantil a partir de catro anos e é unha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas que ten como protagonistas a dous pallasos que teñen algo de debuxo animado no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartóns, esa materia valiosa como é o cartón, que nós, inexplicablemente, tiramos ao lixo diariamente.

Desta maneira, o cartón serviralles para construír tubaxes de gas, cortinas nas xanelas, revisteiros, bandexas, edredóns, motos, parasois de praia, avións… en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

Este espectáculo é un vehículo de valores como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a  autosuficiencia. A arte poética de converter o refugallo en bens de uso, tamén incide nas tres famosas R do ecoloxismo: reducir, reutilizar e reciclar.